Os días 22, 23 e 24 de xuño celebráronse no Mosteiro de San
Luis en Villagarcía de Campos
(Valladolid) as XI XORNADAS CIENTÍFICAS
E DE CONVIVENCIA organizadas pola Federación de Ataxias de España (FEDAES) e as
Asociacións Autonómicas que a conformamos.
Un ano máis, desenrolouse con éxito un completo PROGRAMA orientado a conquerir uns obxectivos
específicos respecto ás Ataxias, aos pacientes, ás súas familias e aos
coidadores.
Por parte da Asociación Galega de Ataxias – AGA, os asistentes fixemos a viaxe nun autobús
adaptado para discapacitados.
Agradecemos a Excma. Deputación de A Coruña a achega
concedida para transporte, participación nas XORNADAS e aloxamento en réxime de
pensión completa.
No hay comentarios:
Publicar un comentario