Esta es la Noticia que se emitió por la Tv gallega
Esta doenza afecta a unhas 500 persoas en Galicia
O 25/09 celebrouse o Día Internacional da Ataxia, un trastorno caracterizado pola perda de coordinación dos movementos corporais e que afecta en Galicia unhas 500 persoas. A Asociación Galega de Ataxia aproveitou o día para dar a coñecer a doenza e recadar cartos para a súa investigación.
Pode ser xenética, debida a factores ambientais, case sempre progresiva, pode aparecer a calquera idade e é posible portala sen que aínda se manifesten os síntomas, como lle ocorre a Juliana. Sóuboo hai un ano.
Marcos soubo que estaba afectado pola ataxia hai 7 anos. Era árbitro de fútbol e notou unha torpeza nas pernas que lle facía tropezarse cada vez máis. Tras a diagnose veu o peor. Ao contraio que Juliana, el nunca oíra falar da ataxia.
A ataxia está considerada unha enfermidade rara, como raro é que haxa un tipo de ataxia endémica en Galicia.
Juliana, que é da Costa da Morte, Marcos e Estrella recadan fondos na procura de tratamentos que se non curan o trastorno, polo menos que alivien os seus síntomas.
No hay comentarios:
Publicar un comentario