El acto dura mucho si lo deseáis mover la reproducción hasta el minuto 36 y solo son 9 minutos
Desde a Cidade da Cultura, a presentadora Victoria Rodríguez conduce o acto da entrega das Medallas de Galicia ao Instituto da Lingua Galega, polo seu labor de defensa e promoción do idioma galego e Ángel Carracedo, catedrático de Medicina Legal, polos seus traballos nesta especialidade e como experto internacional en Xenética.
O evento conta ademais coas actuacións da formación galega Son de Seu, unha das primeiras orquestras europeas de música folk contemporánea, dirixida por Rodrigo Romaní, e da Orquestra Gaos, integrada por estudantes e profesores pertencentes aos principais conservatorios de música de Galicia.
No hay comentarios:
Publicar un comentario