Orde do 17 de febreiro de 2011 pola que se establecen as bases reguladoras que rexerán a concesión de axudas individuais destinadas á promoción da autonomía persoal e a accesibilidade e se procede á súa convocatoria.
Data de inicio: 28/02/11. Data de fin: 28/04/11
Descrición:
AXUDAS INDIVIDUAIS A PERSOAS EN SITUACIÓN DE DEPENDENCIA PARA FACILITAR A AUTONOMIA PERSOAL
Esta orde ten por obxecto establecer as bases reguladoras da convocatoria pública para a concesión de axudas individuais en réxime de concurrencia competitiva, de carácter non periódico, para as persoas en situación de dependencia, empadroadas na Comunidade Autónoma de Galicia.
A finalidade destas axudas é a de colaborar en determinados gastos, con efectos do 1 de xaneiro de 2011, destinados a :
-Apoiar a persoa con axudas técnicas ou produtos de apoio non cubertas polo Servizo Galego de Saúde ou calquera outra administración pública ou entidade privada.
-Facilitar as adaptacións funcionais do fogar e eliminación de barreiras arquitectónicas e de comunicación no interior da vivenda que contribuian a mellorar a autonomia persoal e a previr situacións de dependencia maiores, asi como mellorar a súa accesibilidade.
-Adquisición de próteses dentais e audífonos non previstos no sistema sanitario.
Beneficiarios:
Persoas que teñan recoñecida a situación de dependencia polo órgano de valoración de dependencia nos seguintes graos e niveis:
-Grao III, niveis 1 e 2
-Grao II, niveis 1 e 2.
Tamén poderán optar a solicitar as axudas reguladas nesta convocatoria as persoas que teñan solicitado o recoñecemento da súa situación de dependencia con anterioridade á data de publicación desta convocatoria.
Neste caso, o dereito a percepción da axuda quedará condicionada a que lles sexa recoñecida a situación de dependencia en calquera dos graos e niveis anteriores.
PRAZO DE PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES:
Ata o 28 de abril de 2011.
Información: Dirección xeral de Dependencia e Autonomia Persoal, xefaturas territoriais da Conselleria de Traballo e Benestar, servizos sociais comunitarios de concellos, servizos sociais de atención primaria dos centros de saude, programa MATIASS, páxina web da Conselleria de Traballo e Benestar e Teléfono Social 900 333 666
Requisitos:
Persoas que teñan recoñecida a situación de dependencia polo órgano de valoración nos graos III nivel 1 e 2, grao II nivel 1 e 2 e as que teñan solicitado o recoñecemento da súa situación de dependencia con anterioridade a data de publicación desta convocatoria. Neste caso a concesión da axuda queda condicionada a que lles sexa recoñecida a situación de dependencia en calquera dos graos e niveis anteriores.
Residir na Comunidade Autónoma de Galicia+
Que a axuda solicitada derive do grao e nivel de dependencia recoñecida
Non superar a renta per cápita da unidade familiar, calculada conforme o previsto no artigo 9º letra a) desta convocatoria.
Non ter percibido nos dous últimos anos axudas para o mesmo fin, salvo que concorran as circunstancias recollidas na convocatoria.
Documentos relacionados
Orde do 17 de febreiro de 2011
Anexos en Castellano
Anexos en Galego
No hay comentarios:
Publicar un comentario